|
¡¡¡¡¡¡¡ SUBVENCIÓN PARA COMERCIO NA ADQUISICION DE EQUIPAMENTO INFORMATICO !!!!!!! Como en anos anteriores, formamos parte das Entidades Colaboradoras da Xunta de Galicia, e tramitar as Subvencións da Consellería de Economía e Industria que teñen como obxecto, promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego , mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos para o ano 2011 , e que terá como período dende o día de mañan ata o 20 de decembro , ou ata que se esgote o crédito orzamentario. Os beneficiarios serán os comerciantes minoristas e ambulantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente en Galicia e que actúen como persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquer outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica,legalmente constituidas. Os requisitos que deben reunir os beneficiarios son:
A subvención alcanzará o 70% do importe da inversión (IVA excluido), cos límites máximos e coas condicións establecidas para cada modalidade. Os solicitantes poderán optar a unha ou varias das 5 modalidades que se ofrecen, coas condicións establecidas para cada unha delas. O límite máximo de inversión subvencionable é de 2.142,80 € (IVA excluido), que equivale a un límite máximo de subvención de 1.500 € por beneficiario . EQUIPAMENTO SUBVENCIONABLE -MODALIDADE A – ORDENADOR PORTATIL OU DE SOBREMESA (un equipo por beneficiario) Opción 1 Ordenador portátil netbook (pantalla entre 10” a 11.6”) con un importe máximo de 400€ (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 280 € . Opción 2 Ordenador portátil (pantalla entre 12” e 16”) con un importe máximo de 650€ (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 455 €. Opción 3 Ordenador de sobremesa con un importe máximo de 750€ (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 525 € . -MODALIDADE B – PACK SOFTWARE DE XESTIÓN Opción 1 Módulo de xestion comercial y/ou almacen mais control económico, con un importe máximo de 1.000€ (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 700 €. Opción 2 Complementaria da opción 1, recolle o soporte técnico , a implantación in situ e a formación , por un importe máximo de 400€ (IVA excluido). Importe máximo da subvencion de 280 €. -MODALIDADE C – PÁXINA WEB COMERCIAL Importe máximo de 1.000 € (IVA excluido). Importe máximo da subvencion de 700 € . -MODALIDADE D – PERIFÉRICOSE OUTRO COMPONENTES Lector de código de barras , con un importe máximo de 200€ (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 140 € Caixon portamonedas , con un importe máximo de 60€ (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 42 € Impresora de tickets , con un importe máximo de 230€ (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 161 € -MODALIDADE E – PACK TPV INTEGRADO Importe máximo de 2.142,80 € (IVA excluido). Importe máximo da subvención de 1.500 € Se están interesados e necesitan máis información , non duden en poñerse en contacto con nos, no teléfono 981.70.12.19 ou no e-mail info@iglesiasinformatica.com .
|
|